mércores, 20 de abril de 2016

MENÚ SEMANAL

¿Queres comer máis variado? ¿Necesitas ideas? ¡Aquí podes atopar menús semanais xa deseñados! Tamén dispós de recetas dalgúns pratos que non precisan moito tempo nin esforzo,  e permite adaptarnos ás necesidades dos/as máis peques, así como a diversas características como o embarazo, lactancia, ou una alimentación vexetariana.
Ademáis, ofrece consellos saudables para os días que é inevitable o táper.





martes, 15 de marzo de 2016

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS SOBRE A ALIMENTACIÓN





  1. Come variado e adapta os alimentos aos teus gustos, así como a aquelas actividades que vaias a realizar. 
  2. Ten sempre en conta o tamaño das racións, é clave para a alimentaición. 
  3. Reduce o consumo de alimentos ricos en graxas saturadas, sal e azúcres. 
  4. Realiza un reparto axeitado dos alimentos ao longo do día, evitando, por exemplo, ceas moi abundantes. 
  5. A mellor bebida para quitar a sede, auga.

luns, 1 de febreiro de 2016

Recomendacións para unha alimentación saludable



Segundo a guía "La alimentación de tus niños", realizada polo Ministerio de Sanidade e Política Social do Goberno de España, o Goberno de Cantabria e os membros da Estratexia NAOS, a obesidade e o sobrepeso son duas enfermidades que na actualidade acostuman a estar moi presentes entre os nenos/as das nosas escolas.

 Este centro,quereo evitar a toda costa e por iso a continuación deixámosvos unhas rescomendacións para unha alimentación saludable de acordo ca etapa escolar:

  De 3 a 6 años

É unha etapa esencial Na formación de hábitos alimentarios. Débese:
  •  Educar a “comer de todo”.
  •  Atender as necesidades de enerxía, por tratarse dun periodo importante da vida para o normal crecemento e desenvolmento, e de gran actividade física.
  •  Cuidar o aporte de proteínas (carnes, pescados, huevos, lácteos).
  •  Iniciar o hábito dun almorzo completo.
  •  Evitar o abuso de doces,“chucherías” e refrescos.
  •  Dedicar o tiempo necesario para que o neno aprenda a comer desfrutando. Os alimentos non deben ser percibidos por el coma un premio ou un castigo.
 De 7 a 12 años 

As necesidades de crecemiento seguen sendo prioritarias, polo que hay que coidar o aporte enerxético da dieta controlando o peso e ritmo de desenvolvmento do neno. As súas preferencias alimentarias vanse asentando e hai que orientalas axeitadamente.

  • Evitar que abusen de doces, refrescos, queixos grasos e cremas de untar e alimentos moi salados.
  • Existen alimentos imprescindibles que deben tomar para o seu normal crecemento e desenvolvemento, como: 
    • a diario: lácteos, frutas, verduras, ensalada, pan 
    • alternando: carnes e transformados cárnicos, pescados grasos e magros (blancos y azuis) e ovos 
    • legumes, arroz, pastas, combinándoos ao lo largo da semana 

Recoméndase moderación no consumo de bollos, doces e refrescos e, por suposto, non deben tomar bebidas alcohólicas.

 De 13 a 16 años 

Nestos anos prodúcese o denominado “estirón” e chégase a alcanzar a estatura definitiva, o que obriga a coidar moi especialmente a dieta, procurando que sexa calóricamente suficiente e con un bo aporte de proteínas de alta calidade e calcio. Recordemos que os alimentos son os materiais que utiliza o noso organismo para formar os músculos e o esqueleto. 
  • Débense vixiar os excesos para no caer no sobrepeso ou a obesidade. 
  • A familia debe supervisar o tipo de dietas que seguen os nenos, para evitar que fagan combinacións de alimentos absurdas ou moi monótonas ca la finalidade de adelgazar. Poden provocarse importantes deficiencias de nutrientes ou caer en inapetencias perigosas, ata chegar á anorexia. 
  • Hai que estimulalos para que leven unha vida activa e practiquen deporte.
  • Deben ser informados sobre a correcta nutrición e a súa importancia para a saude, a estética e e o benestar en xeral.

Esparamos que vos sirvan de axuda.

luns, 25 de xaneiro de 2016

SEMANA DA FROITA NOS RECREOS



Outro ano máis o noso Centro, Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense, colabora co Plan Proxecta da Xunta de Galicia e as súas iniciativas innovaoras.  


Mediante o Programa Aliménta-T Ben, queremos promover entre os nosos alumnos un estilo de vida saludable e unha dieta equilibrada. Para elo celebramos A Semana da Froita nos Recreos, na cal repartimos gratuitamente entre os rapaces/as de Infantil, Primaria e Secundaria pezas de froita, tratando de incorporar este alimento rico en vitaminas e, en xeral  tan importante para o noso organismo, na súa dieta.

A continuación incluímos o tríptico no que se detaian as datas nas que se realizará esta iniciativa. 


Merendamos san, gústanos a froita!



A merenda sempre é unha das comidas que máis lles gusta aos nosos nenos/as. Cos pratos tan orixinais que vos mostramos nos seguintes vídeos lograremos que comer fruta deixe de ser algo imposible e pase a convertirse en algo divertido. 


TOMADE NOTA PAPIS!

Los 20 mejores platos de Fruta decorados para niños”




“Meriendas fáciles y originales: 6 recetas con frutas!"


APRENDEMOS A PIRÁMIDE ALIMENTICIA.



Continuando co obxetivo de fomentar unha dieta equilibrada e unha boa calidade de vida entre os nosos rapces/as este enlace dedicarémosllo exclusivamente ao coñecemento da Pirámide Alimenticia



É importante que os nenos/as dende moi pequenos aprendan a diferenciar cales son aqueles alimentos imprescindibles para incluír na súa dieta, á vez, que aprenden tamén a discenir cales son os que deberían aparecer con menos frecuencia. Se eles comprenden porque deben comer máis hortalizas e froitas ca dulces ou bollería, non se resistirán a realizar unha alimentación equilibrada.

Unha boa forma de ensinarllo é mediante actividades que lles resulten atractivas e interasantes, tarefas que lle permitan interiorizar as claves dunha alimntación equilibrada de forma lúdica. A continuación, ofrecémosvos unha serie de xogos e materiais que axudarán aos máis cativos a aprender como debería estar formado o seu menú.

- Xogo on-line:  "A Pirámide dos Alimentos".  (Infantil)
- Xogo on-line: "Doki y los alimentos".   (Infantil)
- Xogo on line: "Pirámide NAOS"   (Primaria)
- Recurso Didáctico on-line: " Pirámide Alimenticia, Programa Medusa".   (Primaria)
- Recurso Didáctico: "Rompecabezas Pirámide Alimenticia".  (Infantil/Primaria)
- Recurso Didáctico: "Pirámide Alimenticia y Óvalo Nutricional". (Infantil/Primaria)


Esperamos que vos sexan de gran axuda mamás e papás!



ENLACES A PÁXINAS QUE PROMOVEN HÁBITOS DE VIDA SALUDABLES



Seguindo ca proposta da Xunta de Galicia Aliménta-T Ben, de fomentar un estilos de vida saludables entre os rapaces/as do noso centro, a continuación deixámosvos unha serie de enlaces a diferentes páxinas de diversos programas e iniciativas que teñen coma obxetivo impulsar entre os nosos xovenes hábitos de vida saludable.  





Este Programa impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España, trata de:
  • Promover a adquisición de hábitos alimentarios saludables e estimular a práctica de actividade física regular entre os escolares, para previr a aparición de obesidade e outras enfermedades. 
  • Sensibilizar á sociedade en xeral da importancia que teñen os educadores neste campo
  • Crear un entorno escolar e familiar que favorezca unha alimentación equilibrada e a práctica frecuente de actividade física. 
  • Deseñar indicadores fácilmente avaliables.

Para elo, na súa páxina podedes atopar diversos materiais e actividades destinados tanto aos alumnos coma as súas familias.






Este Programa é levado a cabo polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España. Con el, como ben explica a ministra de agricultura,alimentación e medio ambiente Isabel García Tejerina, preténdese 

"mostrar o gran patrimonio agrario, alimentario e gastronómico español, ofrecendo información sobre os diferentes tipos de alimentos para coñecelos, disfrutalos e aproveitar ao máximo as súas propiedades."

Nel podemos atopar unha Sección Infantil e Educativa na que se ofrecen materiais didácticos e informativos, tanto para nenos coma para pais.







Programa I´m Fine foi impulsado por un grupo de investigación en nutrición, exercicio e estilo de vida saludable da Universidade Politécnica de Madrid. As principais liñas de investigación que perseguen son: 
  • Interacción de factores de estilo de vida saludable (exercicio físico e dieta) na calidade de vida.
  • Determinación de biomarcadores e estado nutriticional e a súa relación con parámetros fisiopatológicos: Vitaminas, Perfil lipídico en sangue e Fisiopatologia da hiperhomocisteinemia.
  • Nutrición e hidratación deportiva
  • Educación para a Salúde
Na súa páxina, na sección "publicacións", pódense atopar materiais didácticos de interese para as familias.



      Esperamos que vos sexan de interese e axuda nas vosas casas para tratar de impulsar dende elas bos hábitos de alimentación e, mellorar así, a calidade de vida dos nosos nenos.









      xoves, 15 de outubro de 2015

      XOGOS FROITA

      O Programa de Froita nos Colexios do Ministerio, recolle unha serie de xogos que poden ser te interese. Animámosvos a que busquedes máis información sobre eles se fosen do voso interese!

      Aquí deixamos unha imaxe:


      luns, 9 de febreiro de 2015

      SEMANA DA FROITA NOS RECREOS, FEBREIRO 2015

      O Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense está moi involucrado en que os seus alumnos manteñan unha dieta equilibrada e leven unha vida san e activa, por iso, outro ano máis apoia a iniciativa da Semana da Froita.




      mércores, 11 de xuño de 2014

      Froita no recreo



      O reparto de froita levouse a cabo tanto nos recreos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.

                
          
          



      martes, 6 de maio de 2014

      MATERIAIS

      A continuación encontraredes unha serie de documentos con diferentes Unidades Didácticas, enfocadas a diversas idades.

                                                          Educación Nutricional






                                                                  Qué Comemos?





                                                  Alimentación Saudable na Escola





                                                     A Pirámide de Alimentación




                                                                 Os Alimentos 





                                                                          Alimentación Saudable




      Por outro lado ofrecemos algúns xogos interactivos online, onde os nenos poderán disfrtutar e divertirse mentras aprenden. 

      Trátase dun Caleidoscopio hexagonal onde os nenos poderán situar as diferentes Froitas ou Verduras e xiralo para ver as diferentes posicións.
      Caleidoscopio de Froitas e Verduras  

      Trátase de mesturar froitas e verduras para conseguir a cor proposta.
      Batidora de Froitas e Verduras 

      Trátase de catro xogos diferentes (Trivial, balanza, puzzle e memoria).
      Alimentraining 

      Trátase dunha guía onde poderás aprender diferentes curiosidades sobre froitas e verduras, ademais contén un xogo de preguntas e respostas.

      Vídeo:

                                                  ¡COMAMOS FROITAS CON DISNEY!




      ENLACES

      A continuación podedes consultar a denominada “Enciclopedia dos alimentos”, onde se ofrece información sobre os alimentos propios da nosa gastronomía.

      A maiores atoparás a orixe dalgúns alimentos, as súas características, deliciciosas receitas de sinxela elaboración e curiosidades para aproveitar ao máximo as súas propiedades.

      Para acceder fai click no seguinte enlace.

      Este enlace remítenos á páxina web da Comisión Europea onde a través duns divertidos personaxes (A Pandilla Sabrosa) móstrase como levar unha vida sá fomentando o consumo de leite, froitas e verduras nas escolas.     
                 












      O seguinte enlace trátase dunha páxina web da Consellería de Sanidade onde se traballa a promoción da saúde na cal a alimentación xoga un papel fundamental. Unha parte da web céntrase nos nenos e mozos dando diferentes consellos sobre a súa alimentación.











      Noticias de interese:


      O Consumo de Froitas e Verduras alonga a vida

      O Consumo de Foitas: Coidados e Beneficios

      Infrografía: O Mellor de Cada Froita

      A Controversia no Consumo de Zumos de Froitas

      DESCRICIÓN DO PROGRAMA

      Dende o ano 2010 o noso centro en colaboración coa Xunta de Galiza desenvolve un programa promovido pola Unión Europea dende o ano 2009 denominado "Aliménta-T Ben", destinado á distribución de froita e hortalizas.

      O obxetivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos. Partindo da concesión da axuda para distribuír froita no centro, os equipos multidisciplinares de profesorado desenvolven actividades centradas nas prácticas de alimentación saudables que conforman un proxecto colaborativo integrado nas diversas programacións didácticas.

      Nas próximas imaxes podemos observar o comezo deste proxecto o día luns 15 de outubro de 2010.