O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado do Colexio Plurilingüe Divina Pastora, mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos.
O Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense está moi involucrado en que os seus alumnos manteñan unha dieta equilibrada e leven unha vida san e activa, por iso, outro ano máis apoia a iniciativa da Semana da Froita.