luns, 25 de xaneiro de 2016

SEMANA DA FROITA NOS RECREOS



Outro ano máis o noso Centro, Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense, colabora co Plan Proxecta da Xunta de Galicia e as súas iniciativas innovaoras.  


Mediante o Programa Aliménta-T Ben, queremos promover entre os nosos alumnos un estilo de vida saludable e unha dieta equilibrada. Para elo celebramos A Semana da Froita nos Recreos, na cal repartimos gratuitamente entre os rapaces/as de Infantil, Primaria e Secundaria pezas de froita, tratando de incorporar este alimento rico en vitaminas e, en xeral  tan importante para o noso organismo, na súa dieta.

A continuación incluímos o tríptico no que se detaian as datas nas que se realizará esta iniciativa. 


Merendamos san, gústanos a froita!



A merenda sempre é unha das comidas que máis lles gusta aos nosos nenos/as. Cos pratos tan orixinais que vos mostramos nos seguintes vídeos lograremos que comer fruta deixe de ser algo imposible e pase a convertirse en algo divertido. 


TOMADE NOTA PAPIS!

Los 20 mejores platos de Fruta decorados para niños”




“Meriendas fáciles y originales: 6 recetas con frutas!"


APRENDEMOS A PIRÁMIDE ALIMENTICIA.



Continuando co obxetivo de fomentar unha dieta equilibrada e unha boa calidade de vida entre os nosos rapces/as este enlace dedicarémosllo exclusivamente ao coñecemento da Pirámide Alimenticia



É importante que os nenos/as dende moi pequenos aprendan a diferenciar cales son aqueles alimentos imprescindibles para incluír na súa dieta, á vez, que aprenden tamén a discenir cales son os que deberían aparecer con menos frecuencia. Se eles comprenden porque deben comer máis hortalizas e froitas ca dulces ou bollería, non se resistirán a realizar unha alimentación equilibrada.

Unha boa forma de ensinarllo é mediante actividades que lles resulten atractivas e interasantes, tarefas que lle permitan interiorizar as claves dunha alimntación equilibrada de forma lúdica. A continuación, ofrecémosvos unha serie de xogos e materiais que axudarán aos máis cativos a aprender como debería estar formado o seu menú.

- Xogo on-line:  "A Pirámide dos Alimentos".  (Infantil)
- Xogo on-line: "Doki y los alimentos".   (Infantil)
- Xogo on line: "Pirámide NAOS"   (Primaria)
- Recurso Didáctico on-line: " Pirámide Alimenticia, Programa Medusa".   (Primaria)
- Recurso Didáctico: "Rompecabezas Pirámide Alimenticia".  (Infantil/Primaria)
- Recurso Didáctico: "Pirámide Alimenticia y Óvalo Nutricional". (Infantil/Primaria)


Esperamos que vos sexan de gran axuda mamás e papás!



ENLACES A PÁXINAS QUE PROMOVEN HÁBITOS DE VIDA SALUDABLES



Seguindo ca proposta da Xunta de Galicia Aliménta-T Ben, de fomentar un estilos de vida saludables entre os rapaces/as do noso centro, a continuación deixámosvos unha serie de enlaces a diferentes páxinas de diversos programas e iniciativas que teñen coma obxetivo impulsar entre os nosos xovenes hábitos de vida saludable.  





Este Programa impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España, trata de:
  • Promover a adquisición de hábitos alimentarios saludables e estimular a práctica de actividade física regular entre os escolares, para previr a aparición de obesidade e outras enfermedades. 
  • Sensibilizar á sociedade en xeral da importancia que teñen os educadores neste campo
  • Crear un entorno escolar e familiar que favorezca unha alimentación equilibrada e a práctica frecuente de actividade física. 
  • Deseñar indicadores fácilmente avaliables.

Para elo, na súa páxina podedes atopar diversos materiais e actividades destinados tanto aos alumnos coma as súas familias.






Este Programa é levado a cabo polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España. Con el, como ben explica a ministra de agricultura,alimentación e medio ambiente Isabel García Tejerina, preténdese 

"mostrar o gran patrimonio agrario, alimentario e gastronómico español, ofrecendo información sobre os diferentes tipos de alimentos para coñecelos, disfrutalos e aproveitar ao máximo as súas propiedades."

Nel podemos atopar unha Sección Infantil e Educativa na que se ofrecen materiais didácticos e informativos, tanto para nenos coma para pais.







Programa I´m Fine foi impulsado por un grupo de investigación en nutrición, exercicio e estilo de vida saludable da Universidade Politécnica de Madrid. As principais liñas de investigación que perseguen son: 
  • Interacción de factores de estilo de vida saludable (exercicio físico e dieta) na calidade de vida.
  • Determinación de biomarcadores e estado nutriticional e a súa relación con parámetros fisiopatológicos: Vitaminas, Perfil lipídico en sangue e Fisiopatologia da hiperhomocisteinemia.
  • Nutrición e hidratación deportiva
  • Educación para a Salúde
Na súa páxina, na sección "publicacións", pódense atopar materiais didácticos de interese para as familias.



      Esperamos que vos sexan de interese e axuda nas vosas casas para tratar de impulsar dende elas bos hábitos de alimentación e, mellorar así, a calidade de vida dos nosos nenos.