martes, 6 de maio de 2014

DESCRICIÓN DO PROGRAMA

Dende o ano 2010 o noso centro en colaboración coa Xunta de Galiza desenvolve un programa promovido pola Unión Europea dende o ano 2009 denominado "Aliménta-T Ben", destinado á distribución de froita e hortalizas.

O obxetivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas destinadas a manter e fomentar nas escolas o hábito de consumo destes alimentos. Partindo da concesión da axuda para distribuír froita no centro, os equipos multidisciplinares de profesorado desenvolven actividades centradas nas prácticas de alimentación saudables que conforman un proxecto colaborativo integrado nas diversas programacións didácticas.

Nas próximas imaxes podemos observar o comezo deste proxecto o día luns 15 de outubro de 2010.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.