Seguindo ca proposta da Xunta de Galicia Aliménta-T Ben, de fomentar un estilos de vida saludables entre os rapaces/as do noso centro, a continuación deixámosvos unha serie de enlaces a diferentes páxinas de diversos programas e iniciativas que teñen coma obxetivo impulsar entre os nosos xovenes hábitos de vida saludable.
Este Programa impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España, trata de:
- Promover a adquisición de hábitos alimentarios saludables e estimular a práctica de actividade física regular entre os escolares, para previr a aparición de obesidade e outras enfermedades.
- Sensibilizar á sociedade en xeral da importancia que teñen os educadores neste campo.
- Crear un entorno escolar e familiar que favorezca unha alimentación equilibrada e a práctica frecuente de actividade física.
- Deseñar indicadores fácilmente avaliables.
Para elo, na súa páxina podedes atopar diversos materiais e actividades destinados tanto aos alumnos coma as súas familias.
Este Programa é levado a cabo polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España. Con el, como ben explica a ministra de agricultura,alimentación e medio ambiente Isabel García Tejerina, preténdese
"mostrar o gran patrimonio agrario, alimentario e gastronómico español, ofrecendo información sobre os diferentes tipos de alimentos para coñecelos, disfrutalos e aproveitar ao máximo as súas propiedades."
Nel podemos atopar unha Sección Infantil e Educativa na que se ofrecen materiais didácticos e informativos, tanto para nenos coma para pais.
O Programa I´m Fine foi impulsado por un grupo de investigación en nutrición, exercicio e estilo de vida saludable da Universidade Politécnica de Madrid. As principais liñas de investigación que perseguen son:
- Interacción de factores de estilo de vida saludable (exercicio físico e dieta) na calidade de vida.
- Determinación de biomarcadores e estado nutriticional e a súa relación con parámetros fisiopatológicos: Vitaminas, Perfil lipídico en sangue e Fisiopatologia da hiperhomocisteinemia.
- Nutrición e hidratación deportiva
- Educación para a Salúde
Na súa páxina, na sección "publicacións", pódense atopar materiais didácticos de interese para as familias.
Esperamos que vos sexan de interese e axuda nas vosas casas para tratar de impulsar dende elas bos hábitos de alimentación e, mellorar así, a calidade de vida dos nosos nenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.