luns, 9 de maio de 2016

SEMÁFORO NUTRICIONAL

A idea do SEMÁFORO NUTRICIONAL foi deseñada pola  Food Standard Agency de Reino Unido, para mellorar o entendemento do etiquetado nutricional en alimentos industrializados. Consiste en asignar unha cor do semáforo (vermello, ámbar o verde) a cada elemento da información nutricional.

A cor VERMELLA  úsase cando un alimento aporta demasiada cantidade do mismo nutriente, e polo tanto deben consumirse soamente ocasionalmente. Aquelas personas cunha patoloxía específica relacionada a dito nutriente, deben evitalo. Por exemplo, aquelas personas con hipertensión, non deben consumir alimentos donde o sal e o sodio aparezan en vermello.

O ámbar emprégase nos niveis intermedios, o cal fai que sexa unha boa elección case sempre. Hai que ter ollo nas patoloxías e enfermidades que cada persoa poda ter.

verde simboliza que un alimento ten un baixo contido  de determinado nutriente e por tanto é a mellor opción.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.